España / Galicia / La Coruña / San Juan o San Xoán de Espasante o Espasante

      San Juan o San Xoán de Espasante o Espasante

Espasante

Lo más reciente

 

Espasante

San Juan o San Xoán de Espasante o Espasante

Lo más reciente

 

Llegada a Espasante

Salida de Espasante

San Xoán de Espasante é unha parroquia do concello coruñés de Ortigueira, na comarca do Ortegal. Segundo o IGE en 2013 tiña 611 habitantes (344 mulleres e 267 homes) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999, cando contaba con 849 habitantes.

Xeografía[editar | editar a fonte]
Espasante localízase no norte do concello de Ortigueira, entre o mar e o somonte da Serra da Faladoira. Os límites pola costa van dende o regato que baixa do Monte Sardiñeiras no extremo sur da praia da Concha até a Pena dos Paraños no final da praia de Santo Antón, polo suroeste linda coa parroquia de Ladrido, polo leste coa parroquia de Céltigos, e polo sur coa parroquia de San Salvador de Couzadoiro.

O río Dola que atravesa a parroquia até desembocar na praia da Concha recolle as augas que baixan dos montes da Calvela, de Penaquente, o monte máis alto da parroquia, de Liñares e de Xedriz. Na parroquia hai outro pequeno areal, coñecido como praia de Santa Cristina ou dos Namorados, separado da Concha por un pequeno peirao e un dique de abrigo de recente construción, que configura un fondeadoiro para refuxio de pequenas embarcacións.

Poboamento[editar | editar a fonte]
A poboación de Espasante concéntrase en dous núcleos importantes, O Porto e outro popularmente chamado A Aldea, que agrupa varios lugares ao longo da estrada AC-682 e arredor da igrexa parroquial. Na mesma Aldea, paralela a AC-862, hai unha estación de FEVE que hoxe só funciona como apeadoiro.

Patrimonio[editar | editar a fonte]
A igrexa parroquial atópase preto da AC-862 que atravesa a parroquia de oeste a leste. É unha construción dos séculos XVII e XVIII con planta de cruz latina, e campanario na fronte. No seu interior hai tres retablos barrocos e á súa beira está a vella reitoral, hoxe abandonada. Existen ademais unha pequena capela adicada á Santo Antón, no Porto, preto da praia do mesmo nome; punto de encontro de romaxes de xentes e animais en épocas aínda non moi afastadas.

Salientar no lugar do Plantío a localización do Pazo de Rasamontes do século XVIII.

No mesmo Porto, no cume do Monte Facho, tamén chamado A Chousa, hai unha antiga garita–vixía, restaurada recentemente, dende a que en días claros se poden albiscar a garita da Herbeira na Serra da Capelada e o semáforo de Bares, sinalando así para axuda á navegación tres puntos de situación nos tempos en que non había as sinalizacións actuais. Tamén no Porto están os restos de vellas fábricas de salgadura encima da praia da Concha, que o historiador da comarca Federico Maciñeira (1870-1943) traslada na súa orixe a outras fábricas da época romana na mesma localización. Este mesmo historiador fai mención dunha rara estatuiña de bronce atopada fortuitamente en 1900 na desembocadura do rio Dola e que relaciona co comercio marítimo en auxe no propio Porto.

Enriba do peirao, o Castro dos Prados, sometido á escavación e no que se descubriu un monumento con forno ou Pedra Formosa xunto cunha pequena calzada de acceso da época romana.

Na beira sur da praia da Concha hai afloramentos de lavas almofadas de enorme importancia xeolóxica e que atraen a estudosos cada ano a este lugar. Porén, a conservación dunhas propiedades privadas case oculta cun dique de pedra estes fósiles pétreos.

Lugares de interese[editar | editar a fonte]
Castro dos Prados: Castro marítimo que conserva os restos dun monumento con forno.
Praia da Concha.
Praia dos Namorados ou de Santa Cristina.
Praia de Santo Antón.
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Galería de imaxes de Espasante, Ortigueira.

Praia de Espasante

Vista de Espasante desde o porto.

Outra vista da praia de San Antón.

Praia dos Namorados ou de Santa Cristina.

Pazo de Rasamontes no Plantío.
Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]
Lugares de Espasante[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Espasante no concello coruñés de Ortigueira 
A Abasteira | O Adro | As Bodegas | Callobre Vello | A Calvela | O Campo da Silva | O Cutimán | Espasante | O Fabeiro | O Faro | Formariz | Forno | O Gandareiro | Hedrosa | Liñares | Muiño do Lago | O Outeiro | O Pazo | Penaquente | O Plantío | A Ponte | O Porto de Espasante | Pouta de Lobo | A Rega | O Río | A Taipa | A Torre | Xedriz
Parroquias de Ortigueira[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Ortigueira             
Barbos (San Xulián) | Céltigos (San Xulián) | Couzadoiro (San Cristovo) | Cuíña (Santiago) | Devesos (San Sebastián) | O Ermo (San Xulián) | Espasante (San Xoán) | Os Freires (San Paulo) | Insua (San Xoán) | Ladrido (Santa Eulalia) | Loiba (San Xulián) | Luama (San Martiño) | Luía (Santa María) | Mera de Abaixo (Santiago) | Mera de Arriba (Santa María) | O Mosteiro (San Xoán) | As Neves (Santa María) | Ortigueira (Santa Marta) | San Claudio (Santa María) | San Salvador de Couzadoiro (San Salvador) | Senra (San Xulián) | Veiga (Santo Adrao)
Concello              Ortigueira
Poboación          611 hab. (2013)
Entidades de poboación              28

 

Wikipedia